|
ZUME
DE TERRA é o novo disco de XOSé MANUEL
BUDIñO, o terceiro
na súa carreira artística e o primeiro no que o artista
galego asume integramente as labores de composición, arranxos
musicais, producción e gravación.
ZUME
DE TERRA reflexa as inquedanzas dun artista creativo
e inconformista que asume a innovación como punto de partida.
En ZUME
DE TERRA, a fórmula non é a de reinterpretar
ou recrear a tradición senón a de crear valéndose
dela.
Neste disco a tradición
está presente en forma de "samplers", en forma
de memoria sonora da realidade de outros tempos. Gravacións
como as realizadas polo norteamericano Alan Lomax nos anos cincuenta,
a colección "Raiceiras" dirixida por Mercedes Peón,
a fonopostal de Alfonso D. R. Castelao dirixida aos galegos de Montevideo
no ano 1941, único documento sonoro que se conserva do insigne
artista, político e intelectual e la recente e tráxica
marea negra do "Prestige" serviron, entre outros, de punto
de partida e fonte de inspiración para a confección
de esta obra.
Para XOSé MANUEL
BUDIñO a música, como a vida, é a ecuación
entre a interpretación e a creación. Quizás
é este un dos momentos nos que o artista pensa que nos temos
interpretado e reinterpretado demasiado e demasiadas veces e que
o futuro debemos encaralo con novas ideas e novas solucións
para amainar no posible os efectos do asfixiante "loop"
que cada día se repite nas listas de éxitos de radio
e nas crónicas de noticias dos telexornais.
ZUME
DE TERRA non é só un disco de temas orixinais,
é de algún xeito un novo concepto no contexto da música
de Galicia.
ZUME
DE TERRA é novedoso porque quere selo, aínda
que dende o primeiro compás se recoñezan nel moitas
das correntes musicais, estéticas e conceptuais presentes
hoxe no "gran mercado do mundo" ou globalización.
Como di Castelao na súa alocución que resume a esencia
de este disco: ..."esta obra miña
non pasa de ser un simple experimento artístico pero anque
merecese ser traducida a todas as linguas do mundo, xamais deixaría
de ser unha obra de arte galego porque está feita con zume
de terra e mel de tradición galega..."
XOSé MANUEL BUDIñO
quixo que este disco sexa unha obra integramente súa, e rompendo
coa tradición dos seus dous traballos anteriores non contou
coa participación de ningún productor. Budiño
emprendeu unha viaxe en solitario na que a convicción e a
súa contrastada capacidade como músico son o compás
e o vento nesta viaxe.
Pero ZUME
DE TERRA é tamén froito do zume que espremeron
outras mans, mans amigas e cómplices, mans de cores e sabores
diferentes que fixeron de este zume unha práctica que engancha
ao primeiro grolo; un sabor único, doce e amargo, intenso
e sutil, galego e universal, para o que Budiño contou con
importantes colaboradores de diferentes xeografías, músicos
que nos descobren os sabores de este zume en cada un dos doce sorbos
nos que se recomenda consumilo.
O músico bretón
Jacky Molard colaborou co seu violín, os escoceses Capercaillie
e Michael McGoldrick participaron no tema "Galo Galán",
o músico e productor Júlio Pereira prestou o seu bandolín
no tema "Santiago Lisboa", as voces correron a cargo de
Sara Tavares (Cabo Verde) e da brasileira Lilian Vieira (Zuco 103)
e as letras foron compostas por Uxía Senlle (Na liña
da maré) e por Manolo Cortés (Quérome salvar).
Formación:
XOSé
MANUEL BUDIñO: gaitas, frautas. LUIS ALBERTO RODRíGUEZ:
batería, percusións. GUILLERMO FERNáNDEZ: guitarra.
CéSAR MORAIS: baixo. NACHO MUñOZ: teclados, percusións,
voz. DAVIDE SALVADO: voz, percusións. MIGUEL SEOANE: bouzouki,
teclados, voz, percusións.
|