Concerto patrocinado por Caixanova.


ZUME DE TERRA é o novo disco de XOSé MANUEL BUDIñO, o terceiro na súa carreira artística e o primeiro no que o artista galego asume integramente as labores de composición, arranxos musicais, producción e gravación.

ZUME DE TERRA reflexa as inquedanzas dun artista creativo e inconformista que asume a innovación como punto de partida.

En ZUME DE TERRA, a fórmula non é a de reinterpretar ou recrear a tradición senón a de crear valéndose dela.

Neste disco a tradición está presente en forma de "samplers", en forma de memoria sonora da realidade de outros tempos. Gravacións como as realizadas polo norteamericano Alan Lomax nos anos cincuenta, a colección "Raiceiras" dirixida por Mercedes Peón, a fonopostal de Alfonso D. R. Castelao dirixida aos galegos de Montevideo no ano 1941, único documento sonoro que se conserva do insigne artista, político e intelectual e la recente e tráxica marea negra do "Prestige" serviron, entre outros, de punto de partida e fonte de inspiración para a confección de esta obra.

Para XOSé MANUEL BUDIñO a música, como a vida, é a ecuación entre a interpretación e a creación. Quizás é este un dos momentos nos que o artista pensa que nos temos interpretado e reinterpretado demasiado e demasiadas veces e que o futuro debemos encaralo con novas ideas e novas solucións para amainar no posible os efectos do asfixiante "loop" que cada día se repite nas listas de éxitos de radio e nas crónicas de noticias dos telexornais.

ZUME DE TERRA non é só un disco de temas orixinais, é de algún xeito un novo concepto no contexto da música de Galicia.

ZUME DE TERRA é novedoso porque quere selo, aínda que dende o primeiro compás se recoñezan nel moitas das correntes musicais, estéticas e conceptuais presentes hoxe no "gran mercado do mundo" ou globalización. Como di Castelao na súa alocución que resume a esencia de este disco: ..."esta obra miña non pasa de ser un simple experimento artístico pero anque merecese ser traducida a todas as linguas do mundo, xamais deixaría de ser unha obra de arte galego porque está feita con zume de terra e mel de tradición galega..."

XOSé MANUEL BUDIñO quixo que este disco sexa unha obra integramente súa, e rompendo coa tradición dos seus dous traballos anteriores non contou coa participación de ningún productor. Budiño emprendeu unha viaxe en solitario na que a convicción e a súa contrastada capacidade como músico son o compás e o vento nesta viaxe.

Pero ZUME DE TERRA é tamén froito do zume que espremeron outras mans, mans amigas e cómplices, mans de cores e sabores diferentes que fixeron de este zume unha práctica que engancha ao primeiro grolo; un sabor único, doce e amargo, intenso e sutil, galego e universal, para o que Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes xeografías, músicos que nos descobren os sabores de este zume en cada un dos doce sorbos nos que se recomenda consumilo.

O músico bretón Jacky Molard colaborou co seu violín, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick participaron no tema "Galo Galán", o músico e productor Júlio Pereira prestou o seu bandolín no tema "Santiago Lisboa", as voces correron a cargo de Sara Tavares (Cabo Verde) e da brasileira Lilian Vieira (Zuco 103) e as letras foron compostas por Uxía Senlle (Na liña da maré) e por Manolo Cortés (Quérome salvar).

Formación:
XOSé MANUEL BUDIñO: gaitas, frautas. LUIS ALBERTO RODRíGUEZ: batería, percusións. GUILLERMO FERNáNDEZ: guitarra. CéSAR MORAIS: baixo. NACHO MUñOZ: teclados, percusións, voz. DAVIDE SALVADO: voz, percusións. MIGUEL SEOANE: bouzouki, teclados, voz, percusións.


Web oficial
 Fotografía: Vari Caramés