...‘Zume de Terra’ é o título do novo disco de XOSÉ MANUEL BUDIÑO, terceiro na súa carreira artística e primeiro no que o artista galego asume íntegramente as labores de composición, arranxos musicais, producción e gravación. ‘Zume de Terra’ non é so un disco de temas orixinais, é dalgún xeito un novo concepto no contexto da música de Galicia. Para este novo lanzamento, que salirá á venta o próximo 10 de marzo, Budiño contou con importantes colaboradores de diferentes xeografías como son o músico bretón Jacky Molard, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick, o músico e productor Júlio Pereira, as voces de Sara Tavares (Cabo Verde) e a brasileira Lilian Vieira (Zuco 103). As letras foron compostas por Uxía Senlle e Manolo Cortés.

En datas próximas ampliaremos a información. [+info]

CONCERTO de PRESENTACIóN en GALICIA: día 18 de MARZO
"Sala de Concertos" do Centro Cultural Caixanova ás 22:30 horas.