|
Javier
Ruibal é un músico que exerce de xeito profesional
dende 1978. De formación heterodoxa e autodidacta recolle
nas súas composicións ecos e fórmulas
sonoras de culturas moi afastadas hoxe e moi próximas
en tempos pasados. O soporte xeneroso do flamenco proporciónalle
ritmo e harmonía sobre os que construír unha
nova música onde conviven moitas outras: Sefarad, Estambul,
Alexandría, Granada, Cádiz e O Caribe nesta
orde ou en calquera outro.
Javier é cantante, guitarrista e autor
da música, as letras e os arranxos das súas
cancións. Ten publicados seis discos DUNA, CUERPO CELESTE,
LA PIEL DE SARA, PENSIÓN TRIANA e CONTRABANDO e LAS
DAMAS PRIMERO.
Cantan cancións súas Ana Belén,
Mónica Molina, David Broza, Felipe Conde, El Guadiana,
Luis Felipe Barrio... Ten composto músicas para Martirio
e Javier Krahe. A súa canción "Tierra"
formou parte do espectáculo de Joaquín Cortés
PASIÓN GITANA.
A súa intención non é
facer música de culto, é música moderna
que incorpora elementos e influencias de jazz e rock. Javier
Ruibal é autor dos textos das súas cancións.
Nelas relátanse e retrátanse lugares e personaxes
irreais e críbeis, do máis exótico xardín
oriental ó cru e sucio asfalto; seres errantes e desarraigados
que son agardados con entrega por outros seres, amores, arrebatos,
intensos e máxicos, danzarinas turcas en París,
flamencos en Manhatan, trens e barcos, femias e peiraos, raíñas
de África, mariñeiros en Rota, rosas azuis,
augas e lúas de Tánxer nunha paisaxe continua
que o abarca todo. Diríase que os seus personaxes son
os fillos desa especie de aldea global que xurdiu da súa
música.
Las
Damas Primero
Javier Ruibal co seu último disco evoluciona dende
o flamenco máis puro, facendo da rumba festiva un acto
"jondo", renunciando ás fusións fáciles
que ultimamente fixeron deste un artigo pret a porter, algo
ó alcance de todos de puro fácil... de puro
baleiro... Todas as cancións deste disco viaxan a nós
dende o máis apartado do sur vestidas de branco, portadoras
da luz de El Puerto, contrabandistas do haxix rifeño...
tranquilas...sedadas....tempadas...salgadas... e cando xa
cansado de amar, baleiro de entrañas e consciente de
que polo menos na ficción dos versos de Javier o amor
faise presente para un, de que nalgún lugar do sur
hai unha rica sombra de muller baixo a que un pode ser que
aparque algún día...
Esto é para mín "LAS DAMAS PRIMERO"....
O recuncho dos aromas.
Juan Echanove
|