O Concello de Pontevedra e Nordesía Produccións S.L.
presentan:
CON VOZ PROPIA
Ciclo de Cantautores
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Xaneiro / Febreiro do 2004
Mercedes Peón
7 de febreiro
Xaneiro
Día 24

LLUIS LLACH
(Catalunya)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Día 31

RUPER ORDORIKA
(Euskal Herría)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Febreiro
Día 7

MERCEDES PEÓN
(Galicia)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 14

JAVIER RUIBAL
(Andalucía)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 18

MARIZA
(Portugal)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Mercedes Peón é, hoxe por hoxe, unha das artistas de maior proxección dentro do chamado "Fenómeno de Músicas do Mundo", unha proba disto son os éxitos acadados co seu primeiro traballo discográfico Isué, co que se fixo merecedora, entre outros, das seguintes distincións:

- Mellor Disco Europeo 2000 polas listas Folkworld.
- Unha das mellores artistas neste apartado pola BBC.
- Top Dez en Songline.
- Artista Revelación pola TVG, etc.

O seu bo facer nos escenarios quedou patente en festivais de todo o mundo; festivais da talla do Dranouter e Sfink de Bélxica, Lorient e Les Suds en Francia, Sete Sois e Sete Lúas e Intercéltico do Porto en Portugal, Groban en Eslovenia, Celtic Conections de Glasgow, La Mar de Músicas en Cartagena, etc. Todos eles loaron enormemente a Mercedes pola súa entrega ó público e polo seu abráiante directo, pleno de forza e enerxía e, de feito, mesmo foi invitada repetidas veces nalgúns destes eventos.

Agora Mercedes Peón preséntanos o seu novo traballo discográfico, Ajrú, título que da sentido ó berro de ledicia e de festa que as xentes de galicia expresan nos seus momentos de maior intensidade.

Ajrú é un espectáculo pleno de dinamismo, de ritmos frenéticos mesturados con melodías verdadeiramente intimistas, de cantidade de instrumentos que fusionan os seus timbres mantendo por mastro o máis tradicional que vaga nos sons máis vangardistas. E todo isto levado por unha voz que representa a verdadeira forza do noso son; a de Mercedes Peón.

Ajrú é un gran espectáculo que chega a tódolos públicos como o amosan os teatros cheos e un público entregado dende o primeiro momento, bailando e coreando as melodías. Sen dúbida dará qué falar.

Mercedes Peón - Ajrú
Despois dun longo camiño percorrido co seu primeiro traballo ISUÉ, polos escenarios de toda Europa, e tras obter o recoñecemento da crítica especializada e de toda clase de públicos, Mercedes Peón sorprendeunos a todos cun novo traballo discográfico chamado AJRÚ, un traballo que, polo que aseguran os entendidos que xa tiveron conta del, vai ser unha nova e grata sorpresa no panorama musical europeo en canto a músicas do mundo ou a folk se refire.

Ajrú, seguindo o camiño sinalado en Isué, tenta avanzar máis cara á modernidade sempre, por suposto, ao compás do máis esencial de Mercedes Peón que é a súa identidade, e o seu entendemento da música a traveso dos sons máis antergos e, de feito, este será, sen dúbida un disco máis rítmico e con máis sonoridades ou matices sonoros que o anterior. Mantense, por suposto, a vitalidade e forza no facer de Mercedes Peón.

Pero o máis salientable será, sen dúbida, o carácter universal que toman moitos dos temas, carácter que ven dado polos arranxos onde acada unha maior madurez musical, facendo que calquera persoa de calquera lugar poida sentirse parte da música que está a escoitar. Temas como "Para alá", no que Mercedes Peón bota unha ollada a outras culturas, ou "Marmuladora", onde o clásico, a tradición e os sons máis modernos conxúganse dun xeito natural.

Voz, percusións, acordeón, baixo eléctrico, gaitas, guitarras, marimba, batería, saxo, clarinete, son parte dos protagonistas desta fermosa melodía chamada "Ajrú".

Ajrú - O Espectáculo
Mercedes Peón mantén, neste caso, unha liña semellante ao anterior, en teatros presentará moitas novidades, xa que levará con moita probabilidade un espectáculo mais minimalista onde primará a posta en escena cun decorado entre cortinas que fan de vagón de luces, creando múltiples sensacións, si en ISUÉ primaron as cores cálidas, neste vaise combinar con tons mais fríos, para que o espectador achegue o que escoita a unha sensación visual distinta en cada un dos temas.

En escena e en directo seis persoas e múltiples instrumentos, todo un espectáculo, e nas presentacións do disco determinados invitados achegados á nosa música, tanto tradicional, folk como clásica.

Mercedes Peón, conta ca compaña, nestes intres, dunha das bandas mais formadas de Galicia que ten a capacidade, xunto con Mercedes peón, de facer estoupar de forza o espectáculo facendo que todo o público se inunde de tales sensacións que ó final son plenamente partícipes do mesmo. Este resultado é o acadado hoxe en día con "ISUÉ"; agora con este novo traballo a festa continua e, sen dúbida, que dará moito que falar.

En definitiva, a promesa é: deseño de luces, creación dun novo decorado, sonoridades que viaxan polos sentimentos, un público, e unha artista galega entregada ao seu público.