O Concello de Pontevedra e Nordesía Produccións S.L.
presentan:
CON VOZ PROPIA
Ciclo de Cantautores
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Xaneiro / Febreiro do 2004
Ruper Ordorika
31 de xaneiro
Xaneiro
Día 24

LLUIS LLACH
(Catalunya)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Día 31

RUPER ORDORIKA
(Euskal Herría)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Febreiro
Día 7

MERCEDES PEÓN
(Galicia)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 14

JAVIER RUIBAL
(Andalucía)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 18

MARIZA
(Portugal)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

RUPER ORDORIKA (Oñati. 1956) era xa coñecido en diversos círculos relacionados con actividades culturais cando gravou o seu primeiro disco, "Hautsi da Anphora", en 1980. Tiña colaborado en numerosos proxectos e actividades organizativas, tanto en Vitoria, como despois na Universidade, en Bilbao. Hai que destacar a súa participación na creación da Banda Pott, pola importancia que logo tería na súa laboura musical a relación iniciada entón con escritores como: Bernardo Atxaga, Joseba Sarrionandia, Jimu Iturralde.

"HAUTSI DA ANPHORA" (Xoxoa-Elkar 1980) publicouse tras o boom da chamada "canción política". Eran tempos de reestructuración, unha época baixa na música vasca. O disco recibiu as maiores loanzas da crítica, mentres resultaba excéntrico no contexto da canción en vasco. Con textos de Bernardo Atxaga, este primeiro disco é da época na que o cantante e o escritor vivían en Bilbao e é testemuño dunha certa poética. No tocante á elección de músicos, inicia o que sería unha constante: xuntar músicos de procedencias diferentes.

En 1983 chegou "NI EZ NAIZ NORUEGAKO ERREGE" (Elkar 1983) que ven a afondar no ambiente acústico-eléctrico do disco anterior pero cunha banda máis consolidada. Aparecen os primeiros textos do propio Ruper xunto con letras de Atxaga, Sarrionandia e Iturralde.

Despois dunha longa estancia en Londres, grava "BIHOTZERREAK" (Elkar 1985). Un disco que se preocupou especialmente da forma e da interpretación. Cancións gravadas dende un punto de vista moi musical, na época na que o "rock radikal vasco" facía furor.

A procura constante dunha nova dirección musical conduce a Ruper Ordorika a un paréntese de cinco anos sen gravar. Mentres tanto, numerosos concertos, producción de algúns discos - despois de producir un disco de Hertzainak, fai unha extensa xira europea como invitado deste grupo - numerosas representacións da obra de Bernardo Atxaga "Henry Bengoa, Inventarium"... pero non chegará un novo disco ata "EZ DA POSIBLE" (Gasa-Wea 1990). Esta gravación, a máis próxima a unha sonoridade netamente rockeira, abriu a Ruper Ordorika as portas a un público máis amplo.

Dous anos máis tarde, despois de moitos concertos, publicou un maxi con catro cancións, "RUPER ORDORIKA & Mugalaris" (Emak Bakia 1992). Deixou o disco en fabricación e foise a Nova York para unha temporada. Un viaxe productivo polo alí vivido e as súas consecuencias musicais.

A primeira de elas consistiu en dar saída a súa paixón de sempre pola canción tradicional creando o trío Hiru Truku e sorprendendo a moitos afeccionados que non o identificaban con esta liña. Publica "HIRU TRUKU" (Nuevos Medios 1994) xunto con Bixente Martinez e Joseba Tapia, disco que atopa un importante eco no mundo da canción tradicional. Unha interpretación nova de vellas cancións narrativas de fala biscaíña.

"SO´IK SO" (N. Medios 1995) é o seguinte paso adiante na traxectoria de Ruper Ordorika. Estamos na base dun consistente cambio de sonoridade para as súas cancións. A importancia da canción permanece pero ademais, nesta gravación mergullada en novas texturas, apréciase un notable cambio. Músicos de mundos moi diferentes, non so pola súa orixe, senón polo seu estilo, danse cita neste singular disco.

"HIRU TRUKU II" (N. Medios 1997) é a continuación do anterior disco no eido da canción tradicional e ven a pechar a traxectoria do trío con respecto a súa interpretación de cancións da parte occidental do Pais Vasco. é un disco de coplas, cancións líricas, cancións de berce... Tamén este traballo se completa en base ós contactos realizados durante estes anos: os dous discos mestúranse en Londres e contan cos máis sinalados invitados da escena folk inglesa.

"DABILEN HARRIA" (N. Medios 1998) é un disco realizado con tres músicos da escena de improvisación de Nova York. É, dalgún xeito a continuación de "So´ik So" e afonda no camiño alí iniciado. O disco, mesturado por Quimi Portet, é moi ben recibido pola crítica e público. Ruper Ordorika reforza deste xeito a súa colaboración con músicos de mundos moi diferentes, sempre a favor da canción, creando un disco de inquietante beleza.

Durante estes anos, Ruper Ordorika ten actuado acompañado dunha excelente e cambiante banda que desde os comezos coñecemos como "Mugalaris". Despois de tantos e tantos concertos, decide facer un disco en directo que reflicte esta colaboración. Os concertos de gravación se celebran no Kafe Antzokia de Bilbao os días 25 e 26 de novembro de 1999. Destas actuacións, no medio da calor dun público entregado, sae "GAUR" (Esan Ozenki 2000) como auténtica testemuña de todos os momentos de Ruper Ordorika & Mugalaris a través de quince cancións.

"HURRENGO GOIZEAN" (Metak 2001) Neste novo traballo Ruper Ordorika inclúe once cancións de gran beleza e madurez que nos levan máis alá no mundo do autor. Gravado con un trío de grandes músicos: Fernando Saunders, Ben Monder e Kenny Wollesen, é a un tempo un traballo espontáneo e moi detallista...

"KANTUOK JARTZEN DITUT" (Metak 2003). Inclúe 12 novas cancións. Temas nos que escoitamos a un autor que se move xa nunha paisaxe que el mesmo creou: nun mundo musical propio e á vez extremadamente aberto e actual. De novo con músicos da escena neoiorquina, este disco integra máis, se cabe, todos os aspectos do cantante: unha voz sobria e persoal; cancións profundas, cheas de referencias á canción popular, ao rock, a novas sonoridades…

[+info]