|
Vanse
a cumprir dous anos dende que editara "Hurrengo Goizean"
e comezara a súa xira de presentación, plagada
de actuacións, xunto a seus inseparables Mugalaris.
Tras apartarse dos escenarios nos últimos meses, Ruper
Ordorika comezou un proceso compositivo que deu como froito
esta colección de doce cancións.
Musicalmente afonda no camiño iniciado
en "Hurrengo Goizean", anque nalgúns tema
nótase unha evolución cara a outro tipo de sonoridades.
Dende o principio de súa traxectoria
Ruper Ordorika mostrou una gran personalidade como músico.
Pero a súa singularidade nunca o levantou ó
retraemento. Periodicamente revolve e renova os seus sedimentos
musicais. Eso si, mediante os máis exquisitos aportes.
O seu coñecemento da canción tradicional renovase
mediante a rítmica quebrada do rock e o soul. Sobre
as sonoridades hipnóticas do último jazz xurde
a melodía destilada que nos reconcilia coa idea duna
música pop con carácter.
É así que, tralo disco anterior
(Hurrengo Goizean, formidable compendio do antes exposto)
algúns pensamos que a partir dese momento Ruper podía
facer "o que quixera..." porque o seu terreo quedaba
definitivamente abonado.
Pero as últimas noticias son aínda
mellores. Aquí chega "Kantouk jartzen ditut"
e resulta que a cousa aínda cambia, e ademais para
ben.
Ruper e os seus músicos non aparecen
neste último disco así como... -exem- "encabritados".
Da a sensación de que cabalgaran ó longo e ancho
dunha xeografía propia e íntima pero, indubidablemente,
extensa.
Falamos de Ben Monder, guitarrista nas últimas
catro gravacións, do batería Keny Wollesen (presente
en tres), e da estrea do baixista Jonathan Maron, todos eles
músicos de improvisación da cidade de Nova York
(e cun impresionante currículo).
En "Kantuok jartzen ditut" buscaron
unha tensión estética nova. O son é rotundo
e ademais mostra ós seus artistas. As letras están
moi traballadas polo propio Ruper (o seu único autor
agás o poema de Sarrionandía), e ademais traen
ecos diversos, outras voces, outros ámbitos.
Entremos, polo tanto nos conductos deste disco orgánico,
nas súas sonoridades móbiles.
Choquemos tamén contra algunha que
outra parede. Barreiras de tipo vial, existencial, cultural...
Obstáculos que se interpoñen entre o considerado
minoritario e as súas lexítimas aspiracións.
Pero aquí están, para o noso uso público
e privado, estas doce novas compañeiras de viaxe.
Porque a nosa é unha travesía non so persoal,
senón que tamén é colectiva.
E Ruper Ordorika ponnos cancións.... (que ó
o que significa "Kantouk jartzen ditut").
É todo o "moito" que pode facer por nós.
Por Fermín Etxegoien
|