O Concello de Pontevedra e Nordesía Produccións S.L.
presentan:
CON VOZ PROPIA
Ciclo de Cantautores
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Xaneiro / Febreiro do 2004
Lluís Llach
24 de xaneiro
Xaneiro
Día 24

LLUIS LLACH
(Catalunya)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Día 31

RUPER ORDORIKA
(Euskal Herría)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Febreiro
Día 7

MERCEDES PEÓN
(Galicia)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 14

JAVIER RUIBAL
(Andalucía)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 18

MARIZA
(Portugal)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Podería dicirse que moitos medraron con Lluís Llach i Grande, pero nunca foron nin serán tan xoves como el era e será. Porque o de Verges ven do tempo nebuloso dos falsos vellos, eses tipos escollidos que desandan o calendario e perden anos cada vez que sopran as velas da torta. Por eso manteñen un público canoso e, á vez, renova a súa audiencia entre os tardoadolescentes. Por eso el fala de seguidores que levan vaqueiros e bambas, pero tamén compran os seus discos os que se poñen a garabata xa sen notala.

Llach afirmou un día que era 'da época en que Sartre se subía enriba dun bidón e repartía panfletos' e mantén que a canción é unha ferramenta de comunicación. Entre o compromiso político e a construcción poética anxélica, este músico e cantante deu banda sonora para aqueles que querían certa épica desarmada e tamén para aqueles que querían unha lírica de amor cortés que non quite o valente. No medio, un baúl de fermosas cancións que se teñen convertido en patrimonio de todos, como 'L'estaca', cantada en varios idiomas e contra tiranías de todo color. Pero tamén, no medio, a tentación da impostura y o perigo do sermón barato.


Como os espías máis sentimentais de aquela longa guerra fría que rematou, Llach chega á falsa normalidade do fin da Historia có aire seco do axente que precisa rirse un pouco de si mesmo, para que a transcendencia non lle rompa o saco. O xusto para seguir sen cansarse. Hai outras guerras. Como o espía que amou e ama ó público (seu excelente 'amor particular'), pero non quere que o público lle erixa aínda a estatua de pedra, que eso sería xubilarse. Por eso se permite, nun programa de radio, pronunciar mal a propósito a palabra máxica e di 'la cancó' no lugar de 'la cançó'. Un pouco de ironía para disfrazar a incomodidade equidistante que soporta non parecer nin un mito vivinte nin un falso modesto.

Llach é o bastante lúcido como para botar algo de saudable ácido ó seu personaxe máis dulzón, non vaian a adoptalo en bloque as 'tietes' progres de Catalunya, como a un peluche manexable da utopía con bífidus activo, que pode dixerirse entre un voto a Pujol, outro voto a Maragall, unha manifestación solidaria con África e unha merenda na rúa Petritxol. A postal da Catalunya correcta intégrao todo nun plis plas e, as veces, hai que forzar as cosas para desmarcarse. Nun país onde a ilusión chamouse Macià e a política chamouse Cambó, sempre gusta ter trobadores que nos dean unha imaxe de nosoutros máis próxima ó superheroe que ó señor Esteve de Rusiñol. Llach fíxonos máis valentes, máis xustos, máis tenros, máis xenerosos e mellores amantes do que somos. Só por eso, có seu don para musicar o desexo de ser outra tribo, xa lle debemos bastante. El sábeo, claro.

Seu 'país petit' do Baix Empordà é esa Catalunya de dereitas e 'misaire' que, nun momento dado, convértese en federal, republicana, anarquista e o que faga falta. O 'seny' e 'el daltabaix'. A audacia para queimalo todo na fogueira dos gregos mesturados polo turco. Todos os sentidos a punto, afiados por unha intelixencia que os ventos encrespa. Eso tamén se entende fora. A Llach apláudenlle por igual en París e en Madrid e aí está a verdade dunha voz que, guste máis ou menos, é capaz de facer o difícil. Patrias á marxe. Meterse naquelas zonas de pel onde houbo queimadura e deixar que as notas e as palabras fagan efecto. E axexarnos, mentres, dende o escenario.

[+info]
Francesc-Marc Álvaro