O Concello de Pontevedra e Nordesía Produccións S.L.
presentan:
CON VOZ PROPIA
Ciclo de Cantautores
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Xaneiro / Febreiro do 2004
Lluís Llach
Jocs (Xogos)
Xaneiro
Día 24

LLUIS LLACH
(Catalunya)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Día 31

RUPER ORDORIKA
(Euskal Herría)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Febreiro
Día 7

MERCEDES PEÓN
(Galicia)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 14

JAVIER RUIBAL
(Andalucía)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 18

MARIZA
(Portugal)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Estamos Onde Estamos
Por razóns estrictamente persoais, que teñen que ver coa saúde emocional, véxome obrigado a recomendar estes últimos xogos de Lluis Llach. Como un antídoto. Como un bálsamo. Como unha lección.

Descoñezo o número que este traballo fai na súa discografía, que comezou nunha remota e longa noite de pedra, con cancións de amor e de barricada. Dende entón, non cambiou moito o mundo, anque traten de convencernos do contrario. Llach tampouco o fixo.

Pero cada álbum é a evidencia da súa evolución, o desenvolvemento en dolby estéreo da súa cosmogonía. Polos camiños de sempre. O dun puro clasicismo ó que a súa propia integridade e madureza o moderniza. E o da palabra transgresora, dende a súa persoal e conmovedora expresión do amoroso, ata esa perseveranza súa en seguir cantando as verdades do barqueiro. A min gustaríame escribir sobre os sentimentos como o fai el. Ata me conformaría con saber sentir como el.

Porque entre a tebra das miñas dúbidas, a súa voz éncheme de certezas. Sobre a estética e sobre a ética. Tería que remontarme a Jacques Brel para atopar a alguén que, alzado a un escenario, puidera transmitir tan espesa comunión de ambos conceptos.

Llach canta agora os seus xogos a contracorrente, como o fixo sempre. Escribe os seus poemas e póboaos de añoranzas, de tebras antigas que aínda nos espreitan, de razóns para conxugar a solidariedade, anque non corran bos tempos para a lírica. E logo está a súa música, poderosa ou tenra, mestizaxe de sedas e arpilleiras, celofán a medida dunha emoción, refuxio de melancolías e tempestades. Nótase que o artista, seriamente enfermo de tozudez crónica, principios sen marcha atrás e sensibilidade extrema, coñeceu o frío no seu corazón e a dor nas súas tripas. Pero tamén a calor dunha pel en harmonía e a cor dunha bandeira pintada de liberdade e tolerancia. Quizais todo elo o fora inmunizando contra a pereza que da o medo.

Por razóns estrictamente emocionais, recoméndolles que xoguen os seus xogos, que escoiten a súas cancións novas. Onde todos poden escoitar quenes somos. Onde os que perden, gañan. Os que agardan, atopan. Los que soñan, avanzan. E os que a fan, págana.

Juan Ramón Iborra